sábado, 15 de diciembre de 2012

Decoración feita na casa — Decoración hecha en casa

Como vos prometemos hai unhas semanas, aquí estamos con algúns consellos para decorar a casa polo Nadal dándolle un toque único e artesanal, aforrando, de paso, uns cartiños.
Por exemplo, para a árbore, podedes usar grilandas de flocos de millo no canto de espumillón, ou tamén mercar un nobelo de la de fantasía: hainos que farán que a vosa árbore semelle estar nevada, como o da nosa, que vedes aquí abaixo.

Como os prometimos hace unas semanas, aquí estamos con algunos consejos para decorar vuestra casa por Navidad dándole un toque único y artesanal, ahorrando, de paso, unos eurillos.
Por ejemplo, para el árbol, podéis usar girnaldas de palomitas de maíz en lugar de de espumillón, o comprara un ovillo de lana de fantasía: los hai que harán que vuestro árbol parezca estar nevado, como el del nuestro, que véis aquí abajo.


Tamén con la de fantasía e cores de Nadal podedes facer pompóns. Dan moito xogo: pódense pendurar na árbore; pódense colocar en ringleira na repisa da fiestra, cun pouco espumillón; facer unha grilanda para decorar unha librería ou montar un centro cunha candea que teñades na casa e unha bóla ou dúas.

También con lana de fantasía y colores navideños podéis hacer pompones. Dan mucho juego, se pueden colgar del árbol; se pueden colocar en hilera en la repisa de la ventana, con un poco de espumillón; hacer una girnalda para decorar una estantería o montar un centro con una vela que tengáis en casa y una bola o dos.

A bóla da foto é do Mercadona, viña rechea de chocolates.
La bola de la foto es del Mercadona, venía rellena de chocolatinas.
Se aínda recibides postais de Nadal ou sodes coma nós, que as gardamos todas, tamén as podedes utilizar para decorar a casa. Quedan moi xeitosas postas de pé nos estantes (e xa non falemos se tendes cheminea ou lareira), pero tamén se lles pode dar un uso un chisco máis creativo e facer un collage. Nós utilizamos o noso para tapar o cadro de luces. Só fai falla un chisco de celo ou bluetack.

Si todavía recibís postales de Navidad o sois como nosotras, que las guardamos todas, también las podéis utilizar para decorar la casa. Quedan moi bonitas de pie en los estantes (y ya ni hablemos si tenéis chimenea), pero también se les pude dar un uso un chisco más creativo y hacer un collage. Nosotras hemos utilizado el nuestro para tapar el cuadro de luces. Solo hace falta un poco de celo o bluetack.



Tamén se poden facer flocos de neve de papel, para pegalos nas fiestras, facer móbiles ou penduralos da árbore. Só precisades unhas tesoiras e papel, que podedes escoller branco ou reutilizar refugallos de papel de envolver ou outros papeis que teñades na casa. Hai un truco moi sinxelo para que nos queden estupendas, aquí tendes as instrucións.

E, por suposto, non esquezades que a natureza nos ofrece moitas cousas que podemos usar para facer centros e moitas cousas máis, como ramas ou cortiza de piñeiro, piñas, noces, castañas. Podédelas usar ao natural ou darlles un chisco de cor pintándoas de dourado, prateado, vermello... No blog de Vctry hai algunhas ideas estupendas para centros e decoracións moi sinxelas de facer. Se tendes un acivro na casa, tamén podedes utilizar algunha ramiña, pero lembrade que tanto o acivro como o musgo e o visgo son especies protexidas en perigo que non se poden coller na natureza. Respectádeas!

También se pueden hacer copos de nieve de papel, para pegarlos en las ventanas, facer móviles o colgarlos del árbol. Solo necesitáis unas tijeras y papel, que podéis escoger blanco o reutilizar restos de papel de envolver u otros papeles que tengáis por casa. Hay un truco muy sencilo para que nos queden estupendas, aquí tenéis las instrucciones.

Y, por suposto, no hay que olvidar que la naturaleza nos ofrece muchas cousas que podemos usar para hacer centros y muchas cosas más, como ramas o corteza de pino, piñas, nueces, castañas. Las podéis usar al natural o darles un toque de color pintándolas de dorado, plateado, rojo... En el blog de Vctry hay algunas ideas estupendas para centros y decoraciones muy sencillas de hacer. Si tenéis un acebo en casa, también podéis utilizar alguna ramita, pero recordad que tanto el acebo como o musgo y el muérdago son especies protegidas en peligro que no se pueden coger en la naturaleza. ¡Respectadlas!





sábado, 1 de diciembre de 2012

Coidando os detalles - Cuidando los detalles

En As Netas gústanos facer as cousas con cariño, por iso coidamos ata o último detalle cos nosos feitos totalmente a man. Sobres e caixiñas de origami con pompóns, flores, lazos... Todos son distintos, dependendo do pedido e poñen a guinda ás nosas pezas de artesanía. Deixámosvos aquí unha mostra. Cal vos gusta máis?


En As Netas nos gusta hacer las cosas con cariño, por eso cuidamos hasta el último detalle con nuestros paquetes hechos totalmente a mano. Sobres y cajitas de origami con pompones, flores, lazos... Todos son distintos, dependiendo del pedido y ponen la guinda a nuestras piezas de artesanía. Aquí os dejamos una pequeña muestra. ¿Cuál os gusta más?

domingo, 25 de noviembre de 2012

Cun pé en decembro — Con un pie en diciembre

Semella mentira, pero xa estamos a entrar na derradeira semana de novembro e con decembro chega tamén o espírito do Nadal. (Vaia, aos supermercados e grandes almacéns chegou hai un mes, pero nós preferimos as cousas ao seu tempo.) Gústanvos estas festas? A nós encántannos, así que estamos a prepara todo para axudarvos a facelas especiais. Xa esta semana que remata publicamos na nosa páxina de Facebook os primeiros adornos para decorar a árbore e nos vindeiros días veredes algún máis.
Ademais, a medida que nos acheguemos ás festas darémosvos tamén ideas e truques para decorar a casa sen gastar moitos cartos e anunciaremos algunha sorpresa.

E non esquezades a nosa oferta dun 10% de desconto para os encargos de agasallos de Nadal que nos fagades no que queda de mes de novembro! Lembrade que só quedan seis días, que non se vos pase!


Parece mentira, pero ya estamos entrando en la última semana de noviembre y con diciembre llega también el espíritu navideño. (Bueno, a los supermercados y grandes almacenes llegó hace un mes, pero nosotras preferimos las cosas a su tiempo.) Os gustan estas fiestas? A nosotras nos encantan, así que estamos preparando todo para ayudaros a hacerlas especiales. Ya esta semana que acaba publicamos en nuestra página de Facebook los primeros adornos para decorar el árbol y en los próximos días veréis alguno más.
Además, a medida que nos vayamos acercando a las fiestas os daremos también ideas y trucos para decorar la casa sin gastar mucho dinero y anunciaremos alguna sorpresa.

¡Y no os olvidéis de nuestra oferta de un 10% de descuento para los encargos de regalos de Navidad que nos hagáis en lo que queda del mes de noviembre! ¡Recordad que solo quedan seis días, que no se os pase!

sábado, 17 de noviembre de 2012

Como facer unha caixa de origami - Cómo hacer una caja de origami

Aquí estamos outra semana máis cun novo titorial de origami. Desta vez, das caixas que utilizamos para presentar os nosos pedidos. Para facelas precisades dúas cartulinas ou dúas follas dun papel que vos guste, pero ten que ter un pouco de "corpo", para que a caixa sexa resistente.

Aquí estamos una semana más, con un nuevo tutorial de origami. En esta ocasión, de las cajas que utilizamos para presentar nuestros pedidos. Para hacerlas necesitáis dos cartulinas o dos hojas de un papel que os guste, pero tiene que tener un poco de "cuerpo" para que la caja sea resistente.



Comezamos por cortar dous cadrados, un meirando có outro. Neste exemplo, miden 29 cm e 30,4 cm. As nosas caixas grandes facémolas con cadrados de 50 cm e 48 cm.

Empezamos por cortar dos cuadrados, uno más grande que el otro. En este ejemplo, miden 29 cm y 30,4 cm. Nuestras cajas grandes las hacemos con cuadrados de 50 cm y 48 cm.

Collemos unha cartulina e dobrámola pola metade.

Cogemos una cartulina y la doblamos por la mitad.

Volvémola dobrar no sentido contrario, facendo que as marcas formen unha cruz.

Volvemos a doblarla en el sentido contrario, haciendo que las marcas formen unha cruz.

Dobramos os picos cara dentro, en diagonal para formar un rombo.

Doblamos los picos hacia dentro, en diagonal, para formar un rombo.




Sen desdobrar os picos, dobramos un dos laterais ata que o bordo toque o centro.

Sin desdoblar los picos, doblamos uno de los laterales hasta que el borde toque el centro.

Facemos o mesmo co lateral contrario. Hai que ter conta de facer as dobraduras ben feitiñas, que queden iguais.

Hacemos lo mismo con el lateral contrario, con cuidado de que las dobleces queden iguales.

Viramos a cartulina 90º e repetimos cos outros dous lados.

Giramos la cartulina 90º y repetimos con los otros dos lados.


Abrimos as dobraduras dos laterais.

Abrimos las dobleces de los laterales.

E abrimos tamén as dobraduras de dous picos enfrontados.

Y abrimos también las dobleces de dos picos enfrentados.

Encartamos os laterais sobre si mesmos como se ve na foto.

Plegamos los laterales sobre sí mismos como se ve en la foto.

E volvemos encartar o pico por riba da dobradura que acabamos de facer.

Y volvemos a plegar el pico por encima de la doblez que acabamos de hacer.

Repetimos co outro lado.

Repetimos con el otro lado.


Xa temos a tapa da caixa.

Ya tenemos la tapa de la caja.

Facemos o mesmo proceso coa cartulina pequena, que será a parte de abaixo da caixa.

Hacemos el mismo proceso con la cartulina pequeña, que será la parte de abajo de la caja.

Xa está a caixa lista!
¡Ya está la caja lista!

sábado, 10 de noviembre de 2012

Un aire novo para un reloxo vello - Un aire nuevo para un reloj viejo

Hai uns días atopei a esfera dun reloxo vello perdida no fondo dun caixón e ocorréuseme que podía darlle un aire novo. Que mellor ocasión para compartir a idea con vós? Se tendes por aí perdido un vello reloxo ao que se lle rompeu a correa e vos dá magoa desfacervos del, hai moitos xeitos de reciclalo. Podedes utilizar un pano cun estampado xeitoso como correa, ou facervos unha con feltro, cordón de coiro, etc. Podédeslle engadir os adornos que queirades e, voi là!, xa tendes un reloxo novo e exclusivo. Eu fixen este con cordón de coiro e algúns adornos en prateado, que vos parece?







Hace unos días me encontré la esfera de un reloj viejo perdida en el fondo de un cajón y se me ocurrió que podía darle un aire nuevo. ¿Qué mejor ocasión para compartir la idea con vosotr@s? Si teneis por ahí perdido un viejo reloj al que se le ha roto la correa y os da pena deshaceros de él, hay muchas formas de reciclarlo. Podeis utilizar un pañuelo con un estampado bonito a modo de correa, o haceros una con fieltro, cordón de cuero, etc. Le podeis añadir los adornos que querais y, ¡voi là!, ya teneis un reloj nuevo y exclusivo. Yo he hecho este con cordón de cuero y algunos adornos en plateado, ¿qué os parece?







domingo, 4 de noviembre de 2012

Desconto nos pedidos de Nadal — Descuento en los pedidos de Navidad

Non, non toleamos coma os supermercados e nos puxemos en plan Nadal no mes de novembro. É que temos unha nova estupenda que anunciarvos: para evitar os abafos de último momento e garantir que todo o mundo poida recibir as súas encargas a tempo, todos os pedidos de Nadal que realicedes durante o mes de novembro terán un 10% de desconto!

Só tendes que enviarnos unha mensaxe privada a través da nosa páxina de Facebook ou enviarnos un correo indicándonos o que queredes mercar e farémosvolo chegar por mensaxería á vosa casa.

Aproveitade esta estupenda oportunidade para facervos cuns agasallos ben fermosos, artesanais e mesmo exclusivos (lembrade que tamén aceptamos encargos personalizados). Non deixes pasar o tempo e, por unha vez, poderás ser @ primeir@ en ter os agasallos de Nadal mercados. E sen pasar polos agobios de ir de compras en decembro! Que máis se pode pedir?

*****     *****     *****

No, no nos hemos vuelto locas como los supermercados y nos hemos puesto en plan navideño en el mes de noviembre. Es que tenemos una noticia estupenda que anunciaros: para evitar los agobios de último momento y garantizar que todo el mundo pueda recibir sus encargos a tiempo, ¡todos los pedidos de Navidad que realicéis durante el mes de noviembre tendrán un 10% de descuento!

Solo tenéis que enviarnos un mensaje privado a través da nuestra página de Facebook o enviarnos un correo indicándonos lo que queréis comprar y os lo haremos llegar por mensajería a vuestra casa.

Aprovechad esta estupenda oportunidad para haceros con unos regalos preciosos, artesanales e incluso exclusivos (recordad que también aceptamos encargos personalizados). No dejéis pasar el tiempo y, por una vez, podréis ser l@s primeir@s en tener los regalos de Navidad comprados. ¡Y sin pasar por los agobios de ir de compras en diciembre! ¿Qué más se puede pedir?

sábado, 27 de octubre de 2012

VERUKADAS

Hoxe na nosa entrada semanal imos falar de Verukadas. Nesta páxina podedes atopar auténticas marabillas, detalles para vodas, bautizos e comunións, carricoches de cueiros e todo tipo de agasallos para bebés, bonecas de goma eva de todos os tamaños e temáticas, mesmo personalizadas e calquera cousa que vos podades imaxinar plasmada en goma eva, porque en Verukadas todo se fai por encarga. E como sempre acontece, cando as cousas saen así de ben, é porque tras deste proxecto está unha traballadora incansable coidando cada detalle con moito agarimo. Só tendes que botar un ollo á páxina para decatarvos. Se queredes realizar un pedido, calquera cousa que teñades en mente, só tendes que enviar un correo a verukadas@hotmail.es explicando o que queredes e para cando o queredes e se porán en contacto con vós.
Tamén podedes botar un ollo ao seu blog, e @s que sexades de Murcia podédesvos achegar ao centro comercial Nueva Condomina para ver o seu escaparate.










Hoy en nuestra entrada semanal os vamos a hablar de Verukadas. En esta página podéis encontrar auténticas maravillas, detalles para bodas, bautizos y comuniones, carricoches de pañales y todo tipo de regalos para bebés, muñecas de goma eva de todos los tamaños y temáticas, incluso personalizadas y cualquier cosa que os podáis imaginar plasmada en goma eva, porque en Verukadas todo se hace por encargo. Y como siempre pasa, cuando las cosas salen así de bien, es porque detrás de este proyecto está una trabajadora incansable cuidando cada detalle con mucho cariño. Solo tenéis que echar un vistazo a la página para daros cuenta. Si quereis realizar un pedido, cualquier cosa que tengáis en mente, solo tenéis que enviar un correo a verukadas@hotmail.es explicando lo que queréis y para cuándo lo queréis y se pondrán en contacto con vosotros.
También podéis echar un vistazo a su blog, y l@s que seáis de Murcia podéis acercaros al centro comercial Nueva Condomina para ver su escaparate.

sábado, 20 de octubre de 2012

Sorteo: Xa temos 100 fans — Sorteo: Ya tenemos 100 fans

Como dicía a nosa avoa Luca, de ben nacid@s é ser agradecid@s, así que nós queremos darvos as gracias por acompañarnos e, para celebrar que xa chegamos a 100 fans, imos sortear un lote ben feitiño dos nosos produtos: un colo de la en cores de outono, un chaveiro e unhas pinzas do pelo en rosa, todo presentadiño co amor que caracteriza os nosos envíos.

Para participar, só tedes que visitar a nosa páxina de Facebook, onde atoparedes as instrucións, pero tamén vos poñemos aquí o que cómpre facer, por se vos dá a preguiza de ir miralo:
  1. Ser fan da nosa páxina en Facebook (clic en "Gústame", na esquina superior dereita da páxina).
  2. Asistir ao evento que creamos para o sorteo (clic na esquina superior dereita do evento).
  3. Compartir o evento no teu muro (clic en "Compartir", ao final da columna da esquerda do evento).
  4. Non esquezades deixar un comentario en el muro do evento, para que saibamos que fixestes todos os pasos.
Daremos a coñecer a persoa gañadora o día 1 de novembro de 2012, así que tendes ata o 31 de outubro ás o:oo h. para participar.

Aquí vos deixamos unha foto do premio, para animarvos a que participedes e convidedes ás vosas amizades.


Como decía nuestra abuela Luca, de bien nacid@s es ser agradecid@s, así que nosotras queremos daros las gracias por acompañarnos y, para celebrar que ya hemos llegado a 100 fans, sortearemos precioso un lote de nuestros productos: un cuello de lana en colores otoñales, un llavero y unas horquillas de ganchillo en rosa, todo presentadito con el amor que caracteriza a nuestros envíos.

Para participar, solo hay que visitar nuestra página de Facebook, en la que encontraréis las instrucciones, pero también os vamos a poner aquí lo que hay que hacer, por si os da pereza ir a mirarlo:
  1. Ser fan de nuestra página en Facebook (clic en "Me gusta", en la esquina superior derecha de la página).
  2. Asistir al evento que hemos creado para el sorteo (clic en la esquina superior derecha del evento).
  3. Compartir el evento en tu muro (clic en "Compartir", al final de la columna de la izquierda del evento).
  4. No olvidéis dejar un comentario en el muro del evento, para que sepamos que habéis hecho todos los pasos.
Daremos a conocer a la persona ganadora el día 1 de noviembre de 2012, así que tenéis hasta el 31 de octubre a las o:oo h. para participar.

Aquí os dejamos una foto del premio, para animaros a que participéis e invitéis a vuestras amistades.



sábado, 13 de octubre de 2012

Chega o inverno — Llega el invierno

Vaise achegando o inverno e con el, o frío, o vento e todas esas cousas contra as que está pensada a la. Así que As netas de Luca estamos sacándolles brillo ás agullas de calceta despois da tempada de verán e xa comezan a verse os resultados. Pero este inverno chegamos con novas sorpresas, porque ás veces nos dá por pensar e pensamos "@s maiores tamén temos dereitos a non pasar frío", así que para a tempada outono-inverno 12-13 estamos preparando un feixe de cousas ben abrigadiñas que vos axuden a levalo mellor ata que Lorenzo asome outra vez, aló pola primavera. Non marchedes moi lonxe, que loguiño comezaremos a amosarvos as nosas creacións.



Se va acercando el invierno y con él, el frío, el viento y todas esas cosas contra las que está pensada la lana. Así que As netas de Luca estamos sacándoles brillo a las agujas de hacer punto después de la temporada de verano y ya se empiezan a ver los resultados. Pero este invierno llegamos con nuevas sorpresas, por a veces nos da por pensar y hemos pensado "l@s mayores también tenemos derecho a no pasar frío", así que para la temporada otoño-invierno 12-13 estamos preparando un montón de cosas muy abrigaditas que os ayuden a llevarlo mejor hasta que Lorenzo vuelva a asomar en primavera. No os vayáis muy lejos, que enseguida empezaremos a enseñaros nuestras creaciones.

viernes, 5 de octubre de 2012

Cómo facer un sobre de origami - Cómo hacer un sobre de origami

Dis que o prometido é débeda e, como dixemos, aquí está a nosa entrada semanal. Hoxe imos amosarvos como facer un orixinal sobre de origami ou papiroflexia como os que utilizamos para empaquetar a nosa bisutería. O origami é un arte de orixe xaponés que consiste no encartado de papel para obter figuras de formas variadas. Neste caso, será unha especie de sobre de forma cadrada que poderemos utilizar para facer agasallos, convites, etc.

Dicen que lo prometido es deuda y, tal y como os habíamos dicho, aquí está nuestra entrada semanal. Hoy os vamos a enseñar cómo hacer un original sobre de origami o papiroflexia como los que utilizamos para empaquetar nuestra bisutería. El origami es un arte de origen japonés que consiste en el plegado de papel para obtener figuras de formas variadas. En este caso será una especie de sobre en forma cuadrada que podremos utilizar para hacer regalos, invitaciones, etc.

Paso 1: Para comezar, precisamos dúas follas de papel cadradas do tamaño que queiramos. Dependendo do tamaño elixido, o sobre será máis grande ou máis pequeno.

Paso 1: Para empezar, necesitamos dos hojas de papel cuadradas del tamaño que queramos. Dependiendo del tamaño  que elijamos el sobre será más grande o más pequeño.


Paso 2: Colocamos as dúas follas aliñadas, unha enriba da outra, deixando abaixo a que queiramos que quede por fóra do sobre (a máis visible) e dobrámolas en diagonal dúas veces, xuntando as esquinas opostas. Neste paso é moi importante que as follas de papel queden ben aliñadas para que ao ir encartando o papel non se descoloquen.

Paso 2: Colocamos las dos hojas alineadas una encima de la otra, dejando abajo  la que queramos que quede por fuera del sobre (la más visible), y las doblamos en diagonal dos veces, juntando las esquinas opuestas. En este paso es muy importante que las hojas de papel queden bien alineadas para que al ir plegando el papel no se nos descoloquen.

Paso 3: Dobramos unha das esquinas de xeito que ao volvela dobrar no sentido contrario (paso 4), a punta quede xusto no bordo do primeiro pregue.

Paso 3: Doblamos una de las esquinas de forma que al volver a doblarla en sentido contrario (paso 4),  la punta quede justo en el borde da primeira pregadura.

Paso 4: Volvemos dobrar a mesma esquina no sentido contrario, de xeito que a punta quede xusto no bordo da primeira pregadura.

Paso 4: Volvemos a doblar la misma esquina en sentido contrario, de forma que la punta  quede justo en el borde del primer pliegue.

Paso 5: Volvemos dobrar, agora cara arriba, deixando a esquina no bordo da pregadura superior.

Paso 5: Volvemos a doblar, ahora hacia arriba, dejando la esquina en el borde del pliegue anterior.

Paso 6: Encartamos a seguinte esquina, en sentido contratio ás agullas do reloxo, facendo coincidir a súa punta co vértice do ángulo recto resultante das pregaduras da esquina anterior.

Paso 6: Plegamos la esquina siguiente, en sentido contrario a las agujas del reloj,  haciendo coincidir su punta  con el vértice del ángulo recto resultante de los pliegues de la esquina anterior.

Paso 7: Repetimos o paso 4 para esta esquina.

Paso 7: Repetimos el paso 4 para esta esquina.

Paso 8: Repetimos o paso 5 para esta esquina.

Paso 8: Repetimos el paso 5 para esta esquina.

Paso 9: Repetimos o paso 6 para a seguinte esquina.

Paso 9: Repetimos el paso 6 para la esquina siguiente.

Paso 10: Repetimos os pasos 4 e 5 para esta esquina.

Paso 10: Repetimos los pasos 4 y 5 para esta esquina.

Paso 11: Repetimos o paso 6 para a seguinte esquina.

Paso 11: Repetimos el paso 6 para la esquina siguiente.

Paso 12: Repetimos os pasos 4 e 5 para esta esquina.

Paso 12: Repetimos los pasos 4 y 5 para esta esquina.

Paso 13: Levantamos a pregadura que fixéramos na primeira esquina e metemos a última esquina por baixo dela.

Paso 13: Levantamos el pliegue que habíamos realizado en la primera esquina y  metemos por debajo  la última esquina .

Paso 14: Colocamos ben e xa temos o noso sobre de origami.

Paso 14: Colocamos bien y ya tenemos nuestro sobre de origami.

Como vedes, cun chisco de paciencia é moi sinxelo realizar estes sobres. Agora tócavos a vós botarlle imaxinación, combinar cores, texturas, usos... Hai moitas posibilidades!

Como veis, con un poco de paciencia es muy sencillo realizar estos sobres. Ahora os toca a vosotr@s echarle imaginación, combinar colores, texturas, usos... ¡Hay muchas posibilidades!