sábado, 15 de diciembre de 2012

Decoración feita na casa — Decoración hecha en casa

Como vos prometemos hai unhas semanas, aquí estamos con algúns consellos para decorar a casa polo Nadal dándolle un toque único e artesanal, aforrando, de paso, uns cartiños.
Por exemplo, para a árbore, podedes usar grilandas de flocos de millo no canto de espumillón, ou tamén mercar un nobelo de la de fantasía: hainos que farán que a vosa árbore semelle estar nevada, como o da nosa, que vedes aquí abaixo.

Como os prometimos hace unas semanas, aquí estamos con algunos consejos para decorar vuestra casa por Navidad dándole un toque único y artesanal, ahorrando, de paso, unos eurillos.
Por ejemplo, para el árbol, podéis usar girnaldas de palomitas de maíz en lugar de de espumillón, o comprara un ovillo de lana de fantasía: los hai que harán que vuestro árbol parezca estar nevado, como el del nuestro, que véis aquí abajo.


Tamén con la de fantasía e cores de Nadal podedes facer pompóns. Dan moito xogo: pódense pendurar na árbore; pódense colocar en ringleira na repisa da fiestra, cun pouco espumillón; facer unha grilanda para decorar unha librería ou montar un centro cunha candea que teñades na casa e unha bóla ou dúas.

También con lana de fantasía y colores navideños podéis hacer pompones. Dan mucho juego, se pueden colgar del árbol; se pueden colocar en hilera en la repisa de la ventana, con un poco de espumillón; hacer una girnalda para decorar una estantería o montar un centro con una vela que tengáis en casa y una bola o dos.

A bóla da foto é do Mercadona, viña rechea de chocolates.
La bola de la foto es del Mercadona, venía rellena de chocolatinas.
Se aínda recibides postais de Nadal ou sodes coma nós, que as gardamos todas, tamén as podedes utilizar para decorar a casa. Quedan moi xeitosas postas de pé nos estantes (e xa non falemos se tendes cheminea ou lareira), pero tamén se lles pode dar un uso un chisco máis creativo e facer un collage. Nós utilizamos o noso para tapar o cadro de luces. Só fai falla un chisco de celo ou bluetack.

Si todavía recibís postales de Navidad o sois como nosotras, que las guardamos todas, también las podéis utilizar para decorar la casa. Quedan moi bonitas de pie en los estantes (y ya ni hablemos si tenéis chimenea), pero también se les pude dar un uso un chisco más creativo y hacer un collage. Nosotras hemos utilizado el nuestro para tapar el cuadro de luces. Solo hace falta un poco de celo o bluetack.



Tamén se poden facer flocos de neve de papel, para pegalos nas fiestras, facer móbiles ou penduralos da árbore. Só precisades unhas tesoiras e papel, que podedes escoller branco ou reutilizar refugallos de papel de envolver ou outros papeis que teñades na casa. Hai un truco moi sinxelo para que nos queden estupendas, aquí tendes as instrucións.

E, por suposto, non esquezades que a natureza nos ofrece moitas cousas que podemos usar para facer centros e moitas cousas máis, como ramas ou cortiza de piñeiro, piñas, noces, castañas. Podédelas usar ao natural ou darlles un chisco de cor pintándoas de dourado, prateado, vermello... No blog de Vctry hai algunhas ideas estupendas para centros e decoracións moi sinxelas de facer. Se tendes un acivro na casa, tamén podedes utilizar algunha ramiña, pero lembrade que tanto o acivro como o musgo e o visgo son especies protexidas en perigo que non se poden coller na natureza. Respectádeas!

También se pueden hacer copos de nieve de papel, para pegarlos en las ventanas, facer móviles o colgarlos del árbol. Solo necesitáis unas tijeras y papel, que podéis escoger blanco o reutilizar restos de papel de envolver u otros papeles que tengáis por casa. Hay un truco muy sencilo para que nos queden estupendas, aquí tenéis las instrucciones.

Y, por suposto, no hay que olvidar que la naturaleza nos ofrece muchas cousas que podemos usar para hacer centros y muchas cosas más, como ramas o corteza de pino, piñas, nueces, castañas. Las podéis usar al natural o darles un toque de color pintándolas de dorado, plateado, rojo... En el blog de Vctry hay algunas ideas estupendas para centros y decoraciones muy sencillas de hacer. Si tenéis un acebo en casa, también podéis utilizar alguna ramita, pero recordad que tanto el acebo como o musgo y el muérdago son especies protegidas en peligro que no se pueden coger en la naturaleza. ¡Respectadlas!





sábado, 1 de diciembre de 2012

Coidando os detalles - Cuidando los detalles

En As Netas gústanos facer as cousas con cariño, por iso coidamos ata o último detalle cos nosos feitos totalmente a man. Sobres e caixiñas de origami con pompóns, flores, lazos... Todos son distintos, dependendo do pedido e poñen a guinda ás nosas pezas de artesanía. Deixámosvos aquí unha mostra. Cal vos gusta máis?


En As Netas nos gusta hacer las cosas con cariño, por eso cuidamos hasta el último detalle con nuestros paquetes hechos totalmente a mano. Sobres y cajitas de origami con pompones, flores, lazos... Todos son distintos, dependiendo del pedido y ponen la guinda a nuestras piezas de artesanía. Aquí os dejamos una pequeña muestra. ¿Cuál os gusta más?